OBRADOIRO DE EMPREGO «VILAR DE SANTOS, VILAR DE BARRIO E ALLARIZ»

Foi concedido un obradoiro de emprego compartido polos Concellos de Vilar de Barrio, Allariz e Vilar de Santos.

Vaise poñer en marcha todo o proceso de selección do equipo directivo e dos alumnos. O obradoiro estará formado polos seguintes postos:

  • 1 director/a.
  • 1 administrativo/a.
  • 1 docente de albanelaría.
  • 1 docente de xardinería.
  • 1 docente de básica.
  • 20 alumnos/as – traballadores/as.

Calquera interesado en formar parte como alumno/a – traballador/a debe anotarse na oficina de emprego de Xinzo de Limia como demandante de obradoiro.

Para os 5 postos restantes que forman o equipo directivo sairán as bases da convocatoria publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Ourense nos vindeiros días.

En Vilar de Santos, outubro 2024

O alcalde, Antonio Míguez Nogueiras.

Pin It on Pinterest

Share This