O Concello de Vilar de Santos ten adxudicada unha vivenda en réxime de aluguer social a través dun convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia (IGVS) e ABANCA.

O prezo do aluguer social da citada vivenda será o establecido na Normativa Reguladora de Vivendas de Promoción Pública, e para poder acceder á citada vivenda, as persoas interesadas e candidatas deberán reunir unha serie de requisitos económicos e sociais regulados.

Os Servizos Sociais do Concello, realizarán unha avaliación inicial das persoas candidatas e o procedemento final e adxudicación será no Instituto Galego de Vivenda e Solo.

O prazo de solicitudes estará aberto ata o día 20 de novembro de 2017.

Documentación a aportar:

  • Impreso de Solicitude
  • Certificado de empadroamento e convivencia
  • Libro de familia
  • Certificado de ingresos (nómina, declaración da renda, certificado Inem, etc.)
  • Certificado de minusvalía (de ser o caso)
  • Sentencia de separación e/ou divorcio (de ser o caso)
  • Será necesario un Informe Social por parte da Traballadora Social do Concello

 

Lugar de presentación:
Servizos Sociais – Casa do Concello
Rúa de Celanova 77
32650 Vilar de Santos
Tel. 988 465 883
servizos.sociais@vilardesantos.com

 

Pin It on Pinterest

Share This