O ALCALDE DE VILAR DE SANTOS REÚNESE CO PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE.
O presidente da Deputación Provincial de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse no día de onte no Pazo Provincial co novo alcalde de Vilar de Santos, Antonio Míguez.
Na entrevista mantida o alcalde trasladoulle ao presidente algunhas das actuacións que a institución municipal demanda do ente provincial. Ambos comprometéronse a traballar de forma conxunta na reposición do alumeado público, asfaltado e recuperación de pavimentos no núcleo de Vilar de Santos. Igualmente o presidente provincial comprometeuse a recuperar a colaboración co Museo Etnográfico da Limia.
Vilar de Santos, a 20 de abril de 2022.

Pin It on Pinterest

Share This