Despois de encher case toda a súa capacidade no tempo de matrícula ordinaria, a Escola Infantil de Vilar de Santos abre un novo prazo de inscrición para nenos e nenas de 0 a 3 anos. O prazo estará aberto desde o 1 ata o 15 de outubro.

INSCRICIÓNS: Toda a información e modelos normalizados poden atoparse:

A Escola Infantil de Vilar de Santos é un servizo público, de titularidade municipal e xestión directa por parte do concello, que pon á disposición das familias 20 prazas para crianzas ata os 3 anos de idade. O custe da inscrición varía dependendo da xornada escollida (media ou completa), sendo gratuíto para o segundo fillo e sucesivos.

O centro conta con persoal especializado que atende ás demandas dos máis pequenos de oito da mañá a catro da tarde. Un amplo horario deseñado para facilitar a conciliación familiar pero tamén para acompañar aos menores no seu desenvolvemento.

A escola foi recentemente reformada polo Concello de Vilar de Santos, contando cunha aula de infantil, zona de xogo, zona de gateo, unha zona de berces e un grande patio exterior de 250 metros cadrados delimitados no seu perímetro. Un lugar ideal para aprender xogando con todos os coidados necesarios.

Pin It on Pinterest

Share This