Vilar de Santos é un dos concellos beneficiarios das axudas convocadas pola Xunta no ano 2023 para financiar obras de adecuación da accesibilidade en instalacións municipais.
O importe da axuda ascende a 30.836,84 euros. A achega autonómica -proveniente dos fondos europeos Next Generation– cubrirá o 100% do investimento necesario.
Subvencións a concellos e mancomunidades destinadas a actuacións en materia de accesibilidade de competencia municipal.