Unha vez rematado o prazo de inscricións do Concilia Vilar de Santos 2025, faise pública a listaxe de Admitidos/as e listado de Agarda.

A matrícula deberá formalizarse ben presencialmente, nas oficinas do Concello de Vilar de Santos, ben a través do correo electronico: servizos.sociais@vilardesantos.com remitindo a este enderezo a FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA adxunta asinada máis o XUSTIFICANTE BANCARIO DE PAGO e, se é o caso, a documentación que acredite algunha das circunstancias dentro da unidade de convivencia obxecto de prioridade na adxudicación de prazas.

A formalización da matricula poderá realizarse con data límite ata o día 18 DE XUÑO ÁS 14:00 H.

A formalización de matricula tanto do Concilia Verán como da Aula Concilia Verán poderá recollerse nas oficinas municipais ou descárgala na páxina web do Concello na seguinte ligazón dispoñible.

 

Lista de admitidos-as Concilia Vilar de Santos

Lista de Agarda Concilia Vilar de Santos

Lista Aula Concilia Vilar de Santos

Formalizacion Matricula Concilia Verán 2025                                                                                         

Formalización Matricula Aula Concilia Verán 2025 –

 

Pin It on Pinterest

Share This