BANDO
A Lei 3/2007 do 9 de abril de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia, establece faixas e perímetros de protección de 50 metros.
A Lei de Incendios obriga aos propietarios/as á limpeza de terreos e fincas comprendidas neste perímetro de 50 metros desde edificacións e vivendas.
O prazo de realización das limpezas estenderase ata o 31 de maio de 2024, inclusive.
Polo tanto recordámoslle a todos os propietarios-as a obriga legal da limpeza das fincas e terreos e cumprir coas medidas de prevención de incendios.
No suposto de incumprimento do disposto na lei, a Administración notificará ás persoas responsables a súa obriga e instruirá o expediente de execución e procedemento sancionador correspondente.
Vilar de Santos, maio de 2024.
O ALCALDE,
Antonio Míguez Nogueiras.