Hoxe comezamos ca limpeza e desinfección no noso concello, fumigando nas zonas de maior tránsito de persoas durante estes días de confinamento, no entorno do Centro de Saúde e Centro de Día, na farmacia, na zona do supermercado, no banco e despois nas zonas de contedores de lixo dos pobos.
Este plan de limpeza e desinfección vai continuar en todos os pobos do concello como medida preventiva para evitar a propagación do coronavirus COVID-19.
Agradecer a todo o persoal do Concello o seu esforzo e traballo, que está permitindo o funcionamento de todos os servizos municipais e o noso agradecemento tamén a todos os veciños e veciñas polo seu comportamento cívico e o cumprimento e seguimento estrito das instrucións das autoridades nesta situación de Alarma e emerxencia sanitaria.