Ante a situación de emerxencia humanitaria que está a vivir a poboación ucraína, o Concello de Vilar de Santos ven mantendo reunións de coordinación ca FEGAMP, Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade e outras ONGD que están a traballar o 100% por esta crise humanitaria.
É IMPORTANTE destacar que as autoridades solicitan que non se realice ningún tipo de doazón nin recollida material e por este motivo non se veñen realizando.
Neste senso, o comunicado conxunto de entidades e autoridades é moi claro, desaconsellando totalmente este tipo de doazóns, e priorizando as doazóns económicas para todas aquelas persoas que poidan e queiran colaborar. Con ese fin, enlazamos o comunicado onde se recollen as diferentes entidades a través das cales se poden canalizar este tipo de axudas económicas para quen poida resultar de interese.
Como entidade local, se nos pide un REXISTRO DE VIVENDAS para poder acoller á poboación refuxiada que poida chegar á nosa comunidade. Con ese fin, instamos a todas aquelas persoas que dispoñan dunha vivenda e esté diposta a ofrecela para a causa, que contacte co departamento de SERVIZOS SOCIAIS do Concello de Vilar de Santos ben presencialmente, por teléfono ou a través do correo servizos.sociais@vilardesantos.com a fin de poder realizar o correspondente rexistro e facer chegar a información polos cauces correspondentes.
COMUNICADO CONXUNTO – RECOMENDACIÓNS PARA AXUDAR Á POBOACIÓN UCRAÍNA DE FORMA EFICAZ