O Concello de Vilar de Santos conta cun mini punto limpo móbil que circula polas parroquias do concello para facilitar o reciclaxe e o depósito seguro de residuos. Esta iniciativa forma parte da campaña de difusión do Mini Punto Limpo Móbil de Vilar de Santos, que se completa co reparto de volandeiras entre a poboación e colocación de carteis nas parroquias.
Este proxecto subvencionado ao abeiro das axudas destinadas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal conta co apoio financeiro da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e do Fondo FEDER «Unha maneira de facer Europa», co obxectivo «Contribuír á conservación do medio ambiente e o patrimonio cultural».
Imaxes do mini punto limpo móbil:
As datas na que o mini punto limpo móbil estará dispoñible nas diferentes localizacións do Concello de Vilar de Santos indícase no cartel e nas volandeiras deseñadas e repartidas para a comunicación do proxecto.