Co gaio da celebración do Día das Letras Galegas 2023, o concello de Vilar de Santos quere levar a cabo un concurso literario de narrativa curta aberto a todas as persoas empadroadas no municipio. O relato deberá ser inédito, redactado en lingua galega e temática libre.
→ Consultade aquí as bases completas de participación. As obras que non as cumpran non poderán ser admitidas.
Contémplanse cinco categorías por idade:
- Categoría «Preescolar» (0 a 6 anos). Debuxo simple nunha páxina.
- Categoría «Infantil» (7 a 14 anos). Máximo 2 folios.
- Categoría «Xuvenil» (15 a 24 anos). Máximo 5 folios.
- Categoría «Senior» (25 a 65 anos). Máximo 7 folios.
- Categoría «Senior Plus» (máis de 65 anos). Máximo 5 folios.
Presentación dos traballos:
O formato de presentación será un DIN A4 por unha cara, en tipoloxía Times New Roman 12 ou Arial 12; entreliñado de 1,5 nos escritos realizados con ordenador. Admítense tamén obras manuscritas con presentación clara. As obras poden presentarse:
- Na oficina de Servizos Sociais do concello de Vilar de Santos.
- A través do correo servizos.sociais@vilardesantos.com.
Ademais do texto orixinal, deberá aparecer o título da obra e os datos do autor ou autora:
- Nome e apelidos.
- Idade.
- Teléfono ou mail de contacto.
Serán nulos os traballos que leven á vista o nome do autor/a.
O prazo remata o día 12/05/2023, ás 14:00 h. Animádevos a participar!