Reunido o Xurado, composto polo Alcalde, unha concelleira e a traballadora social do concello tal e como establecen as bases do Certame de Debuxo co gaio do 25N Día internacional da Eliminación da Violencia contra a muller, se dictaminou declarar gañadoras as obras presentadas polas nenas Sabela Fernández Dominguez de 8 anos (STOP VIOLENCIA) e Leire Dominguez González de 5 anos (MANS).
Cada unha de elas recibirá un vale de material didáctico que poderán recoller o día 25 de novembro ás 11:45h na Casa do Concello. Ademais os seus debuxos servirán como base do diseño dos almanaques do ano 2024 que próximamente se repartirán a toda a veciñanza do Concello de Vilar de Santos. Tamén haberá un pequeño agasallo para o resto de participantes.