O Concello de Vilar de Santos conmemora o 100º aniversario do descubrimento da Arracada cunha celebración única que mestura historia, tradición e diversión para toda a familia. Vén desfrutar dunha xornada inesquecible que nos levará ao corazón da nosa cultura.

Data: 28 de decembro

Lugar: Aldea de Sáa, Vilar de Santos.

🕛 Programa de actividades:

12:00 h. Presentación oficial da festa.

12:30 h. Xincana celta para todas as idades.

13:30 h. Representación teatral: A lenda da Arracada.

14:30 h. Xantar popular (trae a túa comida e a túa xerra).

16:00 h. Actividades infantís para os máis pequenos.

16:30 h. Olimpíadas celtas.

🔗 Participa:
Conforma o teu clan e inscríbete a través do noso Instagram ou nos Servizos Sociais do Concello.

🤝 Organiza: Concello de Vilar de Santos
🎭 Colabora: Asociación Civitas Limicorum

Non perdas esta oportunidade de vivir unha experiencia única! Axúdanos a dar vida á historia e as nosas raíces. Contamos contigo!

 

 

Pin It on Pinterest

Share This