Concello de Vilar de Santos https://www.vilardesantos.gal un lugar para vivir Fri, 03 Jan 2020 16:54:15 +0000 gl-ES hourly 1 https://wordpress.org/?v=5.3.2 https://www.vilardesantos.gal/wp-content/uploads/2017/10/cropped-icono_vs-32x32.png Concello de Vilar de Santos https://www.vilardesantos.gal 32 32 Internet para persoas mairoes na Aula Cemit https://www.vilardesantos.gal/internet-para-persoas-mairoes-na-aula-cemit/ Mon, 06 Jan 2020 10:00:40 +0000 http://www.vilardesantos.gal/?p=3314 A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Vilar de Santos celebrará un curso formativo na vindeira semana.

Do día 07 ao 10 de Xaneiro levarase a cabo a actividade: “Iniciación a Internet para persoas maiores”. O horario será de 16:00 a 20:00 horas.

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT de Vilar de Santos sito na Rúa Celanova, 77, ou a través da páxina web https://cemit.xunta.gal/, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.vilardesantos@xunta.gal

]]>
Termalismo Social – Balnearios IMSERSO https://www.vilardesantos.gal/termalismo-social-balnearios-imserso/ Mon, 30 Dec 2019 10:57:41 +0000 http://www.vilardesantos.gal/?p=3308 REQUISITOS:

  • Pensionistas de xubilación ou incapacidade permanente.
  • Pensionistas de viuvez: maiores de 55 anos
  • Outros pensionistas e prexubilados: 60 anos cumpridos.
  • Non padecer alteracións de comportamento que impidan a normal convivencia nos hoteis e valerse por si mesmo.
  • O/a solicitante pode ir acompañado/a da súa parella ou dun fillo ou filla con minusvalía superior ó 45%.

PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

  • Para os meses de febreiro a agosto, ata o 10 de xaneiro.
  • Para os meses de setembro a decembro, ata o día 15 de maio.

Para mais información e solicitudes dirixirse aos Servizos Sociais do Concello,
Tel. 988 465 883    servizos.sociais@vilardesantos.com

]]>
Un ano máis éxito de colaboración e solidariedade na campaña de recollida de xoguetes do Concello https://www.vilardesantos.gal/exito-recollida-xoguetes-2019/ Fri, 20 Dec 2019 15:52:34 +0000 http://www.vilardesantos.gal/?p=3297 A campaña de recollida foi un éxito, unha gran manifestación da colaboración e solidariedade de tod@s.
Despois ca axuda dos usuarios e profesionais do noso Centro de Día e Vivenda Comunitaria, revisáronse, limpáronse e envolvéronse todos os xoguetes.
Por último, o mércores día 18, entregáronse en Cáritas en Ourense para que ningún neno ou nena quede sen un xoguete nestas datas de Nadal.
Desde o Concello, manifestar unha vez máis o noso agradecemento pola colaboración nesta iniciativa solidaria.

]]>
Nadal en Vilar de Santos https://www.vilardesantos.gal/nadal-en-vilar-de-santos/ Fri, 20 Dec 2019 10:18:33 +0000 http://www.vilardesantos.gal/?p=3286

]]>
Cursos de internet na Aula Cemit https://www.vilardesantos.gal/cursos-de-internet-na-aula-cemit/ Mon, 09 Dec 2019 10:05:49 +0000 http://www.vilardesantos.gal/?p=3283 A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Vilar de Santos celebrará tres cursos formativos na vindeira semana.

  • Os días 09 e 10 de Decembro, celebrarase a cabo o curso: “Internet: trámites electrónicos, busca de información…”. O horario será de 16:00 a 20:00 horas.
  • O día 11 de Decembro, levarase a cabo o curso “Crea o teu calendario” en horario de 16:00 a 20:00 horas.
  • Do día 12 ao 13 de Decembro, pechase a programación semanal con “Actividades de reforzo en formación dixital básica”. O horario será de 16:00 a 20:00 horas.

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT de Vilar de Santos sito na Rúa Celanova, 77, a través da páxina web https://cemit.xunta.gal/, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.vilardesantos@xunta.gal

]]>
Campaña recollida xoguetes en Vilar de Santos https://www.vilardesantos.gal/campana-recollida-xoguetes-en-vilar-de-santos/ Wed, 04 Dec 2019 13:15:44 +0000 http://www.vilardesantos.gal/?p=3281 Novamente este ano o Concello, en colaboración con Cáritas e outras entidades, volve facer unha Campaña de recollida de xoguetes en bo estado para repartir no Nadal e que ningún neno ou nena quede sen un xoguete.

O prazo de recollida será desde o 26 de novembro ata o 11 de decembro.

A entrega dos xoguetes, poderase facer todos os días de 9.00 a 15.00 horas, nos Servizos Sociais do Concello.

Grazas a todos os que colaborades.

]]>
Cursos e Charlas Aula Cemit https://www.vilardesantos.gal/cursos-e-charlas-aula-cemit/ Mon, 25 Nov 2019 18:43:57 +0000 http://www.vilardesantos.gal/?p=3275 A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Vilar de Santos celebrará dous cursos formativos e unha charla a través de videoconferencia na vindeira semana.

  • Do día 25 ó 27 de Novembro, levarase a cabo o curso, “Internet: procuras de información e utilidades”. O horario será de 16:00 a 20:00 horas.
  • O día 26 de Novembro, en colaboración con Canal Senior celebrarase a videoconferencia: “Compras online: nivel II”. O horario será de 17:00 a 18:30 horas.
  • Péchase a programación da semana coa actividade “Comunícate en tempo real por Internet”, que se celebrará os días 28 e 29 de Novembro, en horario de 16:00 a 20:00 horas.

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT de Vilar de Santos sito na Rúa Celanova, 77, a través da páxina web https://cemit.xunta.gal/, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.vilardesantos@xunta.gal

]]>
Concurso publico para a selección de 4 prazas de auxiliares para o servizo de axuda no fogar (SAF) do Concello https://www.vilardesantos.gal/concurso-publico-para-a-seleccion-de-4-prazas-de-auxiliares-para-o-servizo-de-axuda-no-fogar-saf-do-concello/ Fri, 22 Nov 2019 15:43:36 +0000 http://www.vilardesantos.gal/?p=3265 1. Número de prazas: 4

2. Denominación:  – 4 prazas de auxiliares de axuda no fogar

3. Modalidade de contratación: Contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado.

4. Xornada: 25 horas/semana (luns a domingo, festivos incluídos.

5. Sistema de selección: concurso de méritos

6. Duración do contrato: ata o 31/12/2020.

7. Prazo e lugar para a presentación de solicitudes: 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación no BOP, no Rexistro Xeral do concello, en horario de 9 a 15 horas. Ata o mércores día 27 de novembro, incluído

8. O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na web do concello

Servizos Asociados:

Taboleiro de Anuncios do Concello

 

 

]]>
Cursos e charlas na Aula Cemit https://www.vilardesantos.gal/cursos-e-charlas-na-aula-cemit-3/ Mon, 18 Nov 2019 17:40:34 +0000 http://www.vilardesantos.gal/?p=3253 A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Vilar de Santos celebrará un curso formativo e unha charla a través de videoconferencia nesta semana.

  • O día 19 de Novembro, en colaboración con Canal Senior celebrarase a videoconferencia: “Compras online: Nivel I”. O horario será de 17:00 a 18:30 horas.
  • Do día 20 ao 22 de Novembro, levarase a cabo o curso, “Iniciación á informática: actividades de reforzo”. O horario será de 16:00 a 20:00 horas.

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT de Vilar de Santos sito na Rúa Celanova, 77, a través da páxina web https://cemit.xunta.gal/, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.vilardesantos@xunta.gal

]]>
Vilar de Santos retoma as actividades do programa de envellecemento activo 2019-20 https://www.vilardesantos.gal/vilar-de-santos-retoma-as-actividades-do-programa-de-envellecemento-activo-2019-20/ Thu, 14 Nov 2019 11:58:23 +0000 http://www.vilardesantos.gal/?p=3243 O Programa de Envellecemento Activo do Concello de Vilar de Santos está dirixido fundamentalmente ás persoas maiores do municipio, con actividades adaptadas que se desenvolverán no Multiusos da Casa do Concello desde hoxe 13 de novembro, todos os luns, mércores e xoves. Esta iniciativa púxose en marcha no ano 2009 e forma parte do Plan de Igualdade e Benestar impulsado polo Concello con diferentes programas e actividades abertos á veciñanza. Nestes anos de  funcionamento do Programa fomos introducindo melloras e novidades que teñen posibilitado a participación e dinamización social de mais de 550 veciños e veciñas e cunha gran influencia na mellora da súa calidade de vida e benestar.

O Obradoiro de Ximnasia Activa,  semanalmente todos os luns e mércores, está dirixido por unha fisioterapeuta. Tratase de ximnasia suave adaptada aos maiores e que ten como obxectivo promocionar a autonomía persoal. Busca mellorar o seu benestar físico e emocional a través de exercicios de ximnasia adecuados a cada un dos participantes. A actividade física é un medio de prevención da dependencia e de mantemento da saúde. Preservar a saúde física, psicolóxica e social, permite conservar a autonomía durante o maior tempo posible facilitando a independencia funcional ao tempo que concienciamos á poboación da necesidade de adquirir hábitos biosaudables.

Cando o bo tempo o permita, o programa realizarase nos parques biosaudables do concello. Haberá un servizo de asesoramento para o bo uso dos aparatos baixo a supervisión da monitora. Tamén nos meses de verán, ampliaremos as actividades incorporando a psicomotricidade acuática na piscina municipal.

No Programa 2019-20, co Centro de Día de Vilar de Santos continuaremos co proxecto “Saber envellecer”, semanalmente todos os xoves, neste caso a partir do mes de xaneiro, con obradoiros de ximnasia biosaudable, andainas, memoria en movemento, bailoterapia, relaxación, xerontoximnasia, xogos cooperativos ou psicomotricidade cos obxectivos de prevención da dependencia, fomento da autonomía persoal e mantemento da saúde impartidos e dirixidos polo equipo interdisciplinario do Centro: psicóloga, traballadora social, enfermeira, fisioterapeuta e xerocultora. Exercicios para a vida diaria para mellorar as dificultades propias da idade, ademais de manter o corpo e a mente en forma.

Cos mesmos obxectivos, tamén continuaremos colaborando co programa de “Termalismo Social” da Deputación de Ourense, no que participaron 38 veciños e veciñas maiores de 50 anos nas diferentes quendas no Balneario de Cortegada.

Paralelamente na Aula CEMIT do Concello, Aula de Referencia e incluída na rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica da Xunta, polas tardes, organizaranse actividades para acercar o uso das novas tecnoloxías entre a poboación do concello, con temáticas específicas para os maiores.

Estas iniciativas complementaranse con outras actividades, cursos, conferencias programadas, que ofrecen alternativas e que fomentan a convivencia e a participación veciñal nos diferentes espazos e lugares do concello.

 

]]>