ACTOS COMEMORATIVOS DO 60º ANIVERSARIO DO INICIO DO DESECAMENTO DA LAGOA DA ANTELA

MUSEO DA LIMIA (Vilar de Santos), DENDE O 3 DE AGOSTO AO 7 DE OUTUBRO DE 2018

 Coíncidindo co 60º aniversario do comezo dos traballos do desecamento da Lagoa da Antela, o Museo da Limia, en colaboración co Centro de Cultura Popular do Limia e co portal web Vía Lethes, impulsará diversos actos, consistentes en exposicións, debates, conversas na taberna, artigos de opinión, etc, encamiñados a reflexionar arredor dunha ocorrencia dos gobernos franquistas, que decidiron no seu día desecar o maior lago de auga doce da península ibérica, destruíndo un patrimonio singular e causándolle daños irreparabéis ao ecosistema da comarca limiá, perxudicando notabelmente este territorio galego, tanto no ámbito das súas potencialidades agro-gandeiras, como nas paisaxísticas, antropolóxicas, turísticas, mediambientais, etc, ata o extremo de crebar e frear en seco unhas excelentes posibilidades dun desenvolvemento económico substentábel.

Organiza: Museo da Limia

Colaboran: Centro de Cultura Popular do Limia, Portal web Vía Lethes, Cadernos Culturais do Limia

Patrocinan: Concello de Vilar de Santos e Deputación Provincial

Pin It on Pinterest

Share This