A campaña de recollida foi un éxito, unha gran manifestación da colaboración e solidariedade de tod@s.
Despois ca axuda dos usuarios e profesionais do noso Centro de Día e Vivenda Comunitaria, revisáronse, limpáronse e envolvéronse todos os xoguetes.
Por último, o mércores día 18, entregáronse en Cáritas en Ourense para que ningún neno ou nena quede sen un xoguete nestas datas de Nadal.
Desde o Concello, manifestar unha vez máis o noso agradecemento pola colaboración nesta iniciativa solidaria.