Descubre a Costa da Morte con nós!
O domingo 18 de maio organizamos unha excursión para gozar dalgúns dos lugares máis impresionantes da nosa costa:
• Faro de Fisterra
• Fervenza do Ézaro
• Carnota e o seu canastro, o máis longo de Galicia
Saída: ás 8:00 h da mañá dende a praza do Concello
Prezos: 55 € adultos | 25 € nenas/os ata os 12 anos
Inscricións ata o 12 de maio (na Traballadora Social do Concello)
Prazas limitadas!
Un plan perfecto para pasar o día entre natureza, mar e cultura.