Co gaio do Día das Letras Galegas o concello de Vilar de Santos levou a cabo a I Edición do Premio Literario de Narrativa Curta en galego. Onte fíxose entrega do premio á gañadora na categoría SeniorPlus, Dna. Laudelina Morgade Rodriguez, de 86 anos e usuaria da Vivenda Comunitaria de Vilar de Santos.
Laudelina emocionounos coa súa homenaxe a tódalas mulleres de coidan das persoas maiores.
PARA AS ENFERMEIRAS
Enfermeira muller de branco vestida
e mirada serena
ao comezar a xornada
dura loita che espera.
Atrás quedan as túas fraquezas
e de ánimo e forza revestida
comezas con valor
a túa tarefa.
Ver a morte fronte a fronte
a dor e a aflición
ti calmas
coas túas palabras, coidados e sorrisos.
No teu camiño, ingratitude acharás
pero non importa
todos os día persoas anónimas
bendecirante e loarante.
Laudelina Morgade Rodríguez, 86 anos.
Usuaria da Vivenda Comunitaria de Vilar de Santos.
(A todas as mulleres que coidan)