Este sábado 26 de novembro, ás 12:00 h, entregarase no Salón Multiusos do Concello de Vilar de Santos o V Premio Pedra Alta á Sección Antela da Sociedade Galega de Historia Natural. Con este recoñecemento, o Museo da Limia quere poñer en valor o labor desta organización a favor da conservación medioambiental na comarca, os seus estudos de observación de todo tipo de animais e de hábitats, e tamén a súa iniciativa de recuperación de espazos xeográficos afectados pola actividade humana.

O Premio Pedra Alta, representación do menhir elaborado polo escultor limiao Xosé Lois Carreira, será recollido por Serafín González, presidente da SGHN. Como vén sendo habitual o acompañamento musical correrá a cargo do pianista Luis Humberto Cao e do tenor Baldomero Pavón. Pola súa banda, nenas e nenos do colexio de Rairiz de Veiga recitarán o poema de Antón Tovar «A Limia».

A xornada festiva concluirá cun xantar (un cocido limiao), ao que os asistentes pódense anotar antes do 23 de novembro. O prezo é de 30 euros por persoa, que deberán ingresarse na conta ES37 2080 5303 0430 4001 3789, con nome e apelidos anotados no concepto.

Pin It on Pinterest

Share This