A Xunta Directiva do Padroado e o xurado do Certame solicítanlle á RAG lle dedique o Día das Letras Galegas do 2025 ao poeta limego Antón Tovar.

A tarde do 15 de xuño de 2024, coa presenza de máis de medio centenar de persoas, o patio do Museo da Limia acollía o acto de entrega do premio do certame literario Antón Tovar, patrocinado polo Balneario de Cortegada e o Hotel Bienestar Termas de Monção (Tesal Explotación SL), consistente nun bono dunha fin de semana para unha parella, en pensión completa, no Hotel Bienestar Termas de Monção (Portugal) e na publicación do texto na revista Tempos Novos.

O presidente do Padroado e coordinador da Antoloxía poética de Tovar (Xerais, 2023), Delfín Caseiro, falou o significado da obra do poeta da Pereira.

De seguido o público asistente aplaudiu a proposta da Xunta Directiva da asociación, reitendo a reivindicación de que a Real Academia Galega lle dedique o Día das Letras de 2025 ao poeta limiao.

O acto continuou coa lectura do poema “Eu” (incluído no libro O vento no teu colo), a cargo de Clara, Emma, Nía, Tiago, Eric e Daniel, alumnos/as do CEIP Carlos Cid Arregui (Rairiz de Veiga).

Despois da lectura da correspondente acta, efectuada polo secretario do xurado, Xoán Jardón, a súa presidenta, Conchita Rúa, acompañada de Tomás Ares, director do Centro Tesal, fixéronlle entrega do premio a Valeria Gutiérrez Caneda, autora da obra “Tanto camiñei, camiñei tanto”.

O evento contou co acompañamento musical do cantautor valdeorrés Anxo Rei, que creou a música para dez poemas de Tovar, reunidos no disco A rabela da pluma.

A creación poética e narrativa  de Antón Tovar, feita de autenticidade e alta calidade literaria, mantén plena vixencia nos nosos días. A convocatoria deste certame literario Antón Tovar por parte do Museo da Limia quere ser unha nova chamada á sociedade galega para que valore o extraordinario legado creativo do autor ourensán.

O Museo da Limia vén promovendo desde o ano 2021, centenario do nacemento de Antón Tovar, unha serie de iniciativas encamiñadas a difundir a obra tovariana e a demandar a dedicación do Día das Letras Galegas ao poeta da Pereira. No ano 2022 foi entregado na sede da Real Academia Galega un completo expediente que recollía varios centos de sinaturas de adhesión da cidadanía e numerosos documentos que se manifestaban neste sentido.

Vilar de Santos, 15 de xuño de 2024

Valeria Gutiérrez Caneda, gañadora do certame

Valeria Gutiérrez Caneda, gañadora do certame

Delfín Caseiro, presidente do Padroado do Museo da Limia, dirixíndose ao público

Delfín Caseiro, presidente do Padroado do Museo da Limia, dirixíndose ao público

Alumnos/as do CEIP Carlos Cid Arregui de Rairiz de Veiga, acompagados da súa Directa, Xela Fernández, encargados de recitar poemas de Antón Tovar

Alumnos/as do CEIP Carlos Cid Arregui de Rairiz de Veiga, acompagados da súa Directa, Xela Fernández, encargados de recitar poemas de Antón Tovar

Valeria Gutiérrez Caneda recibe da man de Tomás Ares, director do Centro Tesal, Conchita Rúa, presidenta do xurado e Luis A. Pousa, director de Tempos Novos, o premio do Certame Literario Antón Tovar, convocado polo Museo da Limia

Valeria Gutiérrez Caneda recibe da man de Tomás Ares, director do Centro Tesal, Conchita Rúa, presidenta do xurado e Luis A. Pousa, director de Tempos Novos, o premio do Certame Literario Antón Tovar, convocado polo Museo da Limia

Pin It on Pinterest

Share This