
En Vilar de Santos os Reis Magos volven percorrer as aldeas ✨
Se es neno ou nena do concello, podes facer que os Reis Magos pasen pola túa aldea a tarde do 5 de xaneiro. Para iso, só tes que deixar a túa carta no Buzón Real situado na Casa do Concello.
📝 Como funciona?
1.Descarga ou recolle a plantilla da carta nas oficinas ou na web do Concello.
2.Enche a túa carta cos teus desexos.
3.Entrégaa no Buzón Real antes do 27 de decembro. É obrigatorio para que os Reis saiban a onde ir.
🐫 O día 5 farán un percorrido por cada aldea, levando a maxia e a ilusión a todos os nenos e nenas.
🎁 Unha forma especial de manter viva a tradición e achegar os Reis a cada casa. ✨
