Comezaron os traballos para o despregamento da fibra óptica, por parte de Telefónica en Vilar de Santos, no marco do Programa para a Extensión de Banda Larga de Nova Xeración (PEBA) do Goberno Central.
O resto dos pobos tamén están incluídos dentro do Plan de Banda Larga de Galicia 2020 (PDBL2020) da Xunta de Galicia e do Programa para a Extensión de Banda Larga de Nova Xeración (PEBA) do Goberno Central, que tamén levará a cabo Telefónica.
Laioso e Casas da Veiga, xa dispoñen de fibra, o mesmo que o Parque Empresarial.

Pin It on Pinterest

Share This