A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Vilar de Santos celebrará dous cursos formativos na vindeira semana.

Dende o día 17 ao 19 de Xuño,  levarase a cabo a actividade “Reforzo do curso: aprende a manexar as aplicacións do teu smartphone”. O horario será de 16:00 a 20:00 horas.

Péchase a programación da semana coa actividade “Mecanografía: Klavaro”, que se celebrará os días 20 e 21 de Xuño, en horario de 16:00 a 20:00 horas.

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT de Vilar de Santos sito na Rúa Celanova, 77, a través da páxina web https://cemit.xunta.gal/, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.vilardesantos@xunta.gal

Pin It on Pinterest

Share This