A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Vilar de Santos celebrará dúas videoconferencias e un curso formativo na vindeira semana.

  • O día 09 de Marzo, realizarase, en colaboración con FEGAUS e dentro do ciclo “Muller e Igualdade”, a videoconferencia “A mensaxe e a linguaxe igualitarias”. O horario será de 17:00 a 18:00 horas.
  • O día 10 de Marzo, levarase a cabo, a videoconferencia “Fotografía dixital I. Trucos para mellorar as túas fotos”, en horario de 17:00 a 18:30 horas.
  • Os días 11, 12 e 13 de Marzo, levarase a cabo a actividade: “Iniciación a LibreOffice Impress”. O horario será de 16:00 a 20:00 horas.

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT de Vilar de Santos sito na Rúa Celanova, 77, a través da páxina web https://cemit.xunta.gal/, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.vilardesantos@xunta.gal

Pin It on Pinterest

Share This