A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Vilar de Santos celebrará dous cursos formativos e unha charla na vindeira semana.
O día 24 de Xuño, celebrarase, en colaboración con Canal Sénior e a través de videoconferencia a charla “Medios de pago seguros na Internet”. O horario será de 17:00 a 18:30 horas.
Dende o día 25 ao 26 de Xuño, levarase a cabo a actividade “Internet para persoas maiores”. O horario será de 16:00 a 20:00 horas.
Péchase a programación da semana coa actividade “Estafas en Internet ¿están os teus dispositivos preparados?”, que se celebrará os días 27 e 28 de Xuño, en horario de 16:00 a 20:00 horas.
A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT de Vilar de Santos sito na Rúa Celanova, 77, a través da páxina web https://cemit.xunta.gal/, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.vilardesantos@xunta.gal