A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Vilar de Santos celebrará ás seguintes actividades na vindeira semana.
O luns día 4 de marzo celebrarase o curso “Alfabetización dixital: Internet, exercicios prácticos de busca de información. O horario será de 16:00 a 20:00 horas.
O mércores 6 de marzo celebrarase o curso “Alfabetización dixital: Correo electrónico”, co que se pretende explicar que é o correo electrónico e o seu funcionamento . O horario será de 16:00 a 20:00 horas.
O xoves 7 de marzo terá lugar a videoconferencia “WhatsApp, a aplicación para chatear e as súas utilidades” en colaboración con Canal Senior, a partir das 17:00 horas, que permitirá aos asistentes coñecer o funcionamento de dita aplicación.
As actividades da Aula CeMIT do Concello de Vilar de Santos esta semana complétanse coa actividade “Ocio en Internet: Actividades lúdicas coas TIC”, que terá lugar o venres 8 de marzo de 16:00 a 20:00 horas.
A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse á Aula CeMIT do Concello de Vilar de Santos sito en Rúa Celanova, 77 (Vilar de Santos), a través da páxina web https://cemit.xunta.gal/, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.vilardesantos@xunta.gal