A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Vilar de Santos celebrará ás seguintes actividades na vindeira semana.

  • O luns día 11 de marzo levarase a cabo a videoconferencia “O novo DNI electrónico. A importancia da firma dixital na actualidade e os seus usos”. O horario será de 17:00 a 18:30 horas.
  • O martes 12 de marzo celebrarase a videoconferencia “Consumo dixital e comercio electrónico”. O horario será de 18:00 a 19:00 horas.
  • O 13 e 14 de marzo celebrarase a segunda parte do curso “Alfabetización dixital: Correo electrónico”, co que se pretende explicar máis acerca do seu funcionamento . O horario será de 16:00 a 20:00 horas.
  • As actividades da Aula CeMIT do Concello de Vilar de Santos esta semana complétanse coa actividade “Mantén a túa mente en forma de xeito divertido coas TIC”, que terá lugar o venres día 15 de marzo de 16:00 a 20:00 horas.

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse á Aula CeMIT do Concello de Vilar de Santos sito en Rúa Celanova, 77 (Vilar de Santos), a través da páxina web https://cemit.xunta.gal/, ou enviar un correo electrónico ao enderezo:

cemit.vilardesantos@xunta.es

Pin It on Pinterest

Share This