A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Vilar de Santos celebrará tres cursos formativos na vindeira semana.

  • Os días 09 e 10 de Decembro, celebrarase a cabo o curso: “Internet: trámites electrónicos, busca de información…”. O horario será de 16:00 a 20:00 horas.
  • O día 11 de Decembro, levarase a cabo o curso “Crea o teu calendario” en horario de 16:00 a 20:00 horas.
  • Do día 12 ao 13 de Decembro, pechase a programación semanal con “Actividades de reforzo en formación dixital básica”. O horario será de 16:00 a 20:00 horas.

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT de Vilar de Santos sito na Rúa Celanova, 77, a través da páxina web https://cemit.xunta.gal/, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.vilardesantos@xunta.gal

Pin It on Pinterest

Share This