A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Vilar de Santos celebrará ás seguintes actividades na vindeira semana.

  • Os días 27 e 28 de Maio levarase a cabo o curso “Correo electrónico: Webmail”. O horario será de 16:00 a 20:00 horas.
  • O día 29 de Maio celebrarase a actividade “Comunícate en tempo real a través de Internet: Skype”. O horario será de 16:00 a 20:00 horas.
  • As actividades da Aula CeMIT do Concello de Vilar de Santos esta semana complétanse coa actividade “Exercita a túa memoria de forma divertida coas TIC”, que terá lugar os días 30 e 31 de Maio de 16:00 a 20:00 horas.

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse á Aula CeMIT do Concello de Vilar de Santos sito en Rúa Celanova, 77 (Vilar de Santos), a través da páxina web https://cemit.xunta.gal/, ou enviar un correo electrónico ao enderezo:

cemit.vilardesantos@xunta.es

Pin It on Pinterest

Share This