A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Vilar de Santos celebrará a seguinte actividade na vindeira semana.
Do mércores, día 20 ao venres 22 de marzo, celebrarase o curso de ofimática:
Curso básico de procesador de textos: LibreOffice Writer.
O horario será de 16:00 a 20:00 horas.
A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse á Aula CeMIT do Concello de Vilar de Santos sito en Rúa Celanova, 77 (Vilar de Santos), a través da páxina web https://cemit.xunta.gal/, ou enviar un correo electrónico ao enderezo:cemit.vilardesantos@xunta.es