
O Concello de Vilar de Santos e a Consellería do Medio Rural formalizaron un convenio para a execución de accións de prevención e defensa contra os incendios forestais.
Este proxecto desenvolverase durante os anos 2025 e 2026 e conta cun orzamento total de 150.000,00 €
A actuación enmárcase no Plan Estratéxico de Política Agrícola Común (PEPAC 2023-2027), sendo cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).
A axuda pública ascende a 86.400,00 €, o que representa un cofinanciamento da UE do 80% do custo total.
Con este investimento, o Concello reafirma o seu compromiso coa protección do medio natural e a seguridade dos seus habitantes.
