O 17 de maio o concello de Vilar de Santos únese á celebración o Día das Letras Galegas cunha sesión de contacontos para todos os públicos. Filipa cos contos, a cargo de Bandullo Azul (dentro do programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia), faranos rir e soñar cos seus contos populares e historias cheas de música, participación e humor.
Ademais, ao rematar farase entrega dos premios da I Edición do Premio Literario de Narrativa Curta en galego de Vilar de Santos.
- Lugar: Salón de Actos do concello de Vilar de Santos.
- Data: 17 de maio, ás 18:00 h.