Concurso público para a selección de 4 peóns e 1 xefe de brigada de Prevención e Defensa contra incendios forestais do Concello.
- Número de prazas: 5.
- Denominación:
- 1 praza de xefe de brigada.
- 4 prazas de peóns.
- Modalidade de contratación: contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado.
- Xornada: completa.
- Sistema de selección: concurso de méritos.
- Duración do contrato: 3 meses.
- Prazo e lugar para a presentación de solicitudes: 5 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación no BOP, no Rexistro Xeral do concello, en horario de 9 a 14,30 horas. Ata o luns 4 de xullo, incluído.
- O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na web do concello.