Hoxe formalizouse o inicio do Obradoiro de emprego “Reserva da Biosfera II” no que participan 6 residentes do Concello de Vilar de Santos xunto a outros do Concello de Allariz e do Concello de Taboadela.
O obradoiro levará a cabo a recuperación e posta en valor de zonas verdes nos propios concellos e os participantes realizarán, durante 9 meses, labores ambientais e de mantemento.