Esta semana, de luns 12 a xoves 15 de decembro, chegan os servizos asistenciais de Coidados porta a porta ao noso Concello. Agardarán no exterior do Centro de Saúde en horario continuado de 9:00 a 20:00 horas para tratar temas de saúde como son a estimulación da memoria, podoloxía e audioloxía.
Hoxe 12 de decembro, ás 19:00 h, darán ademais unha charla sobre coidados básicos do pé.