A vindeira semana, de mércores 28 a venres 30 de xuño, chegan os servizos asistenciais de Coidados porta a porta ao noso Concello. Agardarán no exterior do Centro de Saúde en horario continuado de 9:00 a 20:00 horas para tratar temas de saúde como son a estimulación da memoria, podoloxía e audioloxía.

Información e cita previa:

  • Teléfonos 622 748 283 – 623 546 992
  • Email: coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal

Ademais, o xoves 29 de xuño ás 19:00 h (no salón de actos do concello) ofrecerán unha charla informativa sobre coidados básicos do oído.

Pin It on Pinterest

Share This