Novamente este ano o Concello, en colaboración con Cáritas e outras entidades, volve facer unha Campaña de recollida de xoguetes en bo estado para repartir no Nadal e que ningún neno ou nena quede sen un xoguete.

O prazo de recollida será desde o 26 de novembro ata o 11 de decembro.

A entrega dos xoguetes, poderase facer todos os días de 9.00 a 15.00 horas, nos Servizos Sociais do Concello.

Grazas a todos os que colaborades.

Pin It on Pinterest

Share This