Novamente este ano o Concello, en colaboración con Cáritas e outras entidades, volve facer unha Campaña de recollida de xoguetes en bo estado para repartir no Nadal e que ningún neno ou nena quede sen un xoguete.
O prazo de recollida será desde o 22 de novembro ata o 11 de decembro.
A entrega dos xoguetes, poderase facer todos os días de 9 a 15 horas, nos Servizos Sociais do Concello.