

? Campamento Dixital no Concello de Vilar de Santos
Actividade gratuíta dirixida a nenas, nenos e adolescentes.
A Aula CEMIT do Concello de Vilar de Santos acollerá un campamento dixital con contidos e retos adaptados á idade das participantes, co obxectivo de mellorar as súas competencias dixitais dun xeito útil, creativo, seguro e responsable.
? Campamento Dixital en Vilar de Santos!
Actividades de balde para aprender a usar internet e as redes sociais de forma segura, creativa e responsable. Con certificado oficial DigComp!
? Dúas quendas por idades:
?? De 14 a 17 anos: do 7 ao 18 de xullo
? De 12 a 13 anos: do 21 de xullo ao 1 de agosto
? Horario: de 10:00h a 13:00h
? Aula CEMIT do Concello
Durante estas sesións, traballaranse temas como:
- A busca eficaz de información na Internet.
- A creación de contido dixital.
- A protección de datos persoais e a detección de noticias falsas.
- O uso consciente e saudable das redes sociais.
- O control do tempo diante das pantallas.
- A ciberseguridade e a identidade dixital.
- As competencias dixitais básicas para o futuro laboral.
Ao finalizar, as e os participantes recibirán un certificado oficial DigComp.
? Lugar: Aula CEMIT – Crta. de Celanova, 77 – Vilar de Santos.
? Inscricións: ata o 20 de xuño nos Servizos Sociais do Concello
⚠️ Prazas limitadas.
Unha actividade organizada co apoio da Fundación Cibervoluntarios e financiada pola Unión Europea e outras entidades públicas no marco do programa CODIX.
