Participantes:
Poderán participar todos os nenos e nenas do concello de entre 3 a 12 anos.
Obxectivos:
- Sensibilizar a cidadanía en xeral e as nenas e nenos en particular sobre a igualdade e a diversidade.
- Implicar a veciñanza no respecto ás diferencias, e na loita por unha sociedade libre igualitaria, segura e tolerante.
Temática e finalidade:
Os debuxos presentados deberán reflexaros valores da igualdade, a diversidade e o respecto e tolerancia,das orientacións sexuais, crenzas relixiosas,…
A técnica será libre.
Os debuxos presentados serán publicados nas redes sociais e empregados para a realización dunha exposición na casa do concello, e os debuxos poderán ser empregados ademais como base para a portada dunhas axendas escolares que posteriormente se repartirán no Concello.
Prazo e lugar de presentación:
O prazo de presentación das propostas remata o 18 de Xullo de 2021, poderán presentarse por correo electrónico na dirección servizos.sociais@vilardesantos.com ou fisicamente nas oficinas municipais.
Xurado:
O xurado estará composto polo Alcalde, un/ha concelleira e a traballadora social do concello, sendo o seu veredicto inapelable.
Premio:
Haberá 3 premios. Os debuxos gañadores daranse a coñecer nas redes sociais do concello o día 23 de Xullo e recibirán cadanseu vale regalo de libros ou material escolar