Ante a incidencia rexistrada polo COVID19 (coronavirus), despois das medidas adoptadas por parte do Ministerio de Sanidade e a Xunta de Galicia, o Concello de Vilar de Santos  adoptou tamén as seguintes medidas preventivas en materia de saúde pública en relación coas actividades e servicios públicos locais, con motivo da situación actual e que afectan ao seu funcionamento.

Polo tanto, quedan suspendidos ata novo aviso as actividades e usos dos seguintes centros municipais:

  • suspensión da actividade na Escola Infantil
  • suspensión da actividade na Biblioteca e na Aula Cemit
  • suspensión das actividades socioculturais organizadas polo Concello.
  • suspensión da actividade no Museo da Limia

Desde o Concello queremos enviar unha mensaxe á veciñanza e insistir na prevención e no cumprimento e seguimento das instrucións das autoridades sanitarias.

Recomendase realizar as xestións co Concello, por teléfono ou telemáticamente .

Recoméndase que se sigan as instrucións ditadas polo Ministerio de Sanidade (www.mscbs.gob.es) e a Consellaría de Sanidade (www.xunta.gal): Lavarse as mans frecuentemente, evitar tocarse os ollos, nariz e boca, evitar viaxes e desprazamentos,..

En caso de ter algún síntoma contactar co 061 ou co teléfono de información para a cidadanía 900 400 116

 

Pin It on Pinterest

Share This