Aberto o prazo para solicitar as axudas para ALUGUERES ata o 30 de Xullo de 2018
REQUISITOS:
- Que o aluguer non supere o importe mensual de 300€.
- Que os ingresos da unidade de convivencia non sexa inferiores a 0,7 nin superiores a 2,5 veces o IPREM.
- Non ter contraídas débedas con ningún organismo público.
- Non ter unha vivenda en usufructo ou propiedade.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
- Contrato de aluguer.
- Certificado de padrón.
- Sentenza de separación de ser o caso.
- Xustificación de situación específica de ser o caso (familia monoparental, familia numerosa, vítima violencia de xénero, execución hipotecaria, etc)
- Certificado de minusvalía de ser o caso.
A SOLICITUDE realizarase no Departamento de Servizos Sociais do Concello. Podes pedir cita chamando ó teléfono 988465 883 preguntando pola Traballadora Social.