? Axudas para a mellora da accesibilidade na vivenda
Dirixidas a persoas maiores de 65 anos
A Deputación de Ourense convoca subvencións de ata 2.000 € para a adaptación das vivendas de persoas maiores de 65 anos, co obxectivo de mellorar a súa accesibilidade e calidade de vida.
? Actuacións subvencionables
Poderanse acoller a esta axuda os seguintes tipos de intervención:
? Obras de reforma na vivenda
Adaptación de cuartos de baño.
Supresión de barreiras arquitectónicas.
Colocación de ramplas e varandas.
Ensanchamento, eliminación ou nova construción de portas interiores.
Instalación de solos antiescorregadizos.
?️ Aluguer de axudas técnicas
Asentos xiratorios.
Camas articuladas.
Almofadas e colchóns antiescaras.
Asentos para duchas.
Mesas regulables para cadeiras de rodas e butacas articuladas.
Equipos de ventilación mecánica.
?? Servizo de asesoramento técnico
Se necesitas axuda para tramitar a solicitude ou queres máis información, podes acudir ao servizo de asesoramento técnico sobre a vivenda, que se presta:
? No Concello de Vilar de Santos
? Todos os xoves, de 9:00 a 14:00 h
? Con cita previa, chamando ao 988 465 883
? Prazo de solicitude
O prazo para presentar as solicitudes remata o 9 de xullo de 2025.


