ZONA DE CONCENTRACIÓN PARCELARIA DE GUILLAMIL-SABARIZ. CONCELLOS DE RAIRIZ DE VEIGA E VILAR DE SANTOS – OURENSE.
AVISO
Con motivo da execución dos traballos de colocación dos marcos e a recollida dos recursos de alzada interpostos contra o acordo na zona de reestruturación parcelaria de Guillamil – Sabariz, comunícase a todos os propietarios das fincas afectadas o seguinte:
1.- MARCOS E PRAZO PARA PODER ENTRAR NAS NOVAS FINCAS DE REEMPRAZO.
Actualmente está pendente a colocación de algo máis de cen marcos para completar os traballos de reestruturación parcelaria.
No momento actual vostedes seguen a ser os propietarios lexítimos das parcelas actuais de aportación. Ningunha persoa pode facer uso das novas fincas de reemprazo ata que sexa publicado o aviso correspondente que conteña a data de toma de posesión provisoria.
2.- OBRAS.
De acordo co artigo 68.2. da Lei 4/2015 toda obra civil (muros, construcións, saneamentos, depósitos, etc.) que precise de licenza municipal, precisa tamén do informe previo do Servizo de Infraestruturas Agrarias coa finalidade de evitar problemas entre os actuais e os futuros propietarios. En caso contrario podería constituír, consonte ao artigo 89.2, unha infracción grave castigada con multa entre 600 e 1.500 euros.
Ourense, 14 de setembro de 2021.
SERVIZO DE INFRAESTRUTURAS AGRARIAS DE OURENSE