🌧️ AVISO URXENTE 🌧️
Debido ás previsións meteorolóxicas que anuncian choivas abundantes para o domingo 5 de xaneiro, os Reis Magos manterán a súa visita ás aldeas do Concello, pero realizarán un cambio na organización:
👑 Lugares de parada e recepción aos nenos e nenas:
Escola de Parada
Escola de Castelaus
Forno do Mosqueiro
Forno das Casas da Veiga
Casa do Concello
⚠️ Importante: Os nenos e nenas do resto das aldeas deberán desprazarse a algunha destas localizacións para recibir os seus agasallos.
Lembrade que ao remate da cabalgata dos Reis Magos haberá chocolatada no Salón de Actos do Concello de Vilar de Santos.
Os Reis Magos viaxarán todos xuntos nun vehículo para garantir a súa chegada. Agradecemos a comprensión de todos/as e esperamos que este cambio non impida que os máis cativos disfruten deste momento tan especial.🌟