A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Vilar de Santos celebrará ás seguintes actividades na vindeira semana.

O luns día 25 de marzo levarase a cabo a videoconferencia “Musicoterapia para mellorar o teu estado de ánimo. Recursos online gratuitos”. O horario será de 17:00 a 18:30 horas.

O martes 26 e o mércores 27 de marzo, continuaremos co curso de ofimática “Procesador de textos: LibreOffice Writer”, co que se pretende explicar o funcionamento básico dun procesador de textos . O horario será de 16:00 a 20:00 horas.

Por último, as actividades da Aula CeMIT do Concello de Vilar de Santos, esta semana complétanse os días 28 e 29 de marzo co curso de ofimática: “Calc: aprende o manexo básico da folla de cálculo”. O horario será de 16:00 a 20:00 horas.

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse á Aula CeMIT do Concello de Vilar de Santos sito en Rúa Celanova, 77 (Vilar de Santos), a través da páxina web https://cemit.xunta.gal/, ou enviar un correo electrónico ao enderezo:

cemit.vilardesantos@xunta.es

Pin It on Pinterest

Share This