Este xoves 1 de agosto comezará un ciclo de apoio psicolóxico individual e gratuíto que pretende servir de orientación en casos de ansiedade, depresión, problemas emocionais, dificultade coa parella, os fillos e fillas, etc.

DATA E HORA: todos os xoves ata outubro, de 10 a 14 h.

LUGAR: oficinas municipais do Concello de Vilar de Santos.

INFORMACIÓN E CITA PREVIA: Servizos Sociais do concello de Vilar de Santos. É necesario solicitar cita previa.

Actividade financiada coa axuda da Unión Europea.

Pin It on Pinterest

Share This