Infórmase de que o vindeiro sábado 6 de xullo abrirase a piscina ao público. Ese día será de portas abertas e gratuíto. Permanecerá aberta ata o día 8 de setembro.
HORARIO DE APERTURA
De luns a domingo, de 15:30 a 21:00 horas.
HABERÁ DUAS MODALIDADES DE PAGO
- Entrada diaria: 1,50€, á venda no Centro Social.
- Bono mensual de 20€, ou tempada de 30€, á venda no Concello. Os bonos terán unha bonificación do 50% para empadroados/as no concello de Vilar de Santos.
Vilar de Santos, xullo de 2024
O ALCALDE,
Antonio Míguez Nogueiras