
✨ Volvemos con AIRA! ✨
Coa chegada de setembro,Cdr O Viso pon de novo en marcha o proxecto AIRA – Educación Infantil Familiar, en colaboración co Concello de Vilar de Santos.
📅 Cando?
👉 Comezamos o martes 7 de outubro.
As sesións serán os martes, de forma quincenal, de 16:30 a 18:00 h.
👶 Para quen?
Dirixido a nenas e nenos de 0 a 3 anos, de calquera parte da Limia, acompañados das súas familias.
🎨 Que facemos?
Xogamos, exploramos e compartimos actividades que fomentan:
✔️ A autonomía dos pequenos
✔️ O vínculo afectivo
✔️ A aprendizaxe en común
👨👩👧 E as familias?
Un espazo para falar, compartir experiencias e atopar apoio no camiño da crianza, nun ambiente de confianza e diálogo.
💡 O noso obxectivo
Crear un tempo de lecer enriquecedor, que sexa tamén encontro, reflexión e acompañamento.
📲 Queres participar?
Contacta con:
📞 Mila – 677 842 196
Esta actividade forma parte do programa O noso espazo, financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, dentro da subvención para a implantación de programas de interese social con cargo á asignación fiscal do 0,7 % do IRPF.
Xunta de Galicia
