O vindeiro venres 25 de novembro celébrase o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, e desde o concello queremos conmemorar unha data tan significativa cunha programación chea de simbolismo.
- 12:00 h, na Casa do Concello – Lectura do manifesto polo Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller. Ao rematar, entregarase un agasallo conmemorativo a tódalas mulleres empadroadas no concello.
- 18:00 h, no salón de actos do Concello – a Asociación de Mulleres Rurais Arracada de Vilar de Santos representará a obra de teatro «Ante o reflexo».
- 18:45 h, no salón de actos do Concello – a continuación, terá lugar a entrega de premios do certame infantil de debuxo do 25N.
Agardámosvos!